Vostede está aquí

Resultados esperados

No marco do proxecto, preténdense conseguir os seguintes resultados:

  • Frear o declive continuo da poboación de pita do monte.
  • Converter á pita do monte nunha especie crave na xestión das Zonas de Especial Protección para Aves (ZEPA) da cordilleira Cantábrica.
  • Mellorar o coñecemento sobre a subespecie e o seu hábitat.
  • Mellorar a calidade do hábitat nas ZEPA da cordilleira Cantábrica.
  • Definir medidas para reducir a presión dos depredadores sobre a subespecie co fin de mellorar o éxito reprodutor.
  • Definir medidas para reducir a presión dos competidores sobre a subespecie.
  • Pór en funcionamento o Centro de Cría e Reserva Xenética da Pita do Monte do Principado de Asturias.
  • Crear un stock cativo da subespecie para a súa reintrodución ou reforzo de poboacións.
  • Liberar exemplares procedentes do Centro de Cría e Reserva Xenética da Pita do Monte para reforzo de poboacións.
  • Facilitar o desenvolvemento dun programa de custodia do territorio como ferramenta participativa que concilie a xestión do territorio coa conservación e mellora do hábitat.
  • Obter os instrumentos de planificación e os documentos de boas prácticas sectoriais para a xestión do hábitat
  • Incrementar a conciencia social e a participación pública sobre a situación da subespecie e a súa problemática.