Vostede está aquí

Equipo

O proxecto, coordinado pola Fundación Biodiversidade, está cofinanciado ao 50% pola Unión Europea a través dos fondos LIFE+, e conta como socios coas Comunidades Autónomas de Galicia, Cantabria, Principado de Asturias e Castela e León, esta última a través da Fundación Patrimonio Natural de Castela e León; o Organismo Autónomo Parques Nacionais; SEO/BirdLife e co financiamento da Fundación Iberdrola.

O proxecto exponse baixo unha óptica participativa, na que todos os socios achegarán os seus coñecementos e experiencias ademais de participar na toma de decisións e no control das accións do proxecto.

No ámbito do proxecto constitúense os Comités de Xestión, Científico e de Comunicación, que contan coa participación de todos os socios beneficiarios e de institucións científicas e académicas nacionais e internacionais.

O Comité de Xestión constitúese como órgano decisorio, e conta coa participación de todos os socios beneficiarios e un representante do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño. A súa función principal é a toma de decisións de xestión e seguimento das accións do proxecto.

No Comité Científico participan expertos representantes de todos os socios beneficiarios e conta con membros invitados das institucións científicas e académicas nacionais e internacionais máis relevantes sobre a especie. A súa función principal é a de proporcionar os criterios científicos para a toma de decisións relativas ás accións preparatorias e de apoio ás accións de conservación previstas.

O Comité de Comunicación, Formación e Sensibilización, pretende proporcionar os criterios técnicos sobre a información e comunicación que se realice no ámbito do proxecto, así como ofrecer a coordinación das campañas de formación, participación e sensibilización.

COORDINADOR
Fundación Biodiversidad
C/ José Abascal, 4. 28003 Madrid
www.fundacion-biodiversidad.es

SOCIOS
Gobierno de Cantabria. Dirección General de Montes y Conservación de la Naturaleza
C/ Rodríguez, 5 1º. 39002 Santander
www.gobcantabria.es

Gobierno del Principado de Asturias. Dirección General de Biodiversidad y Paisaje
C/ Coronel Aranda, 2-3º Planta. 33071 Oviedo
www.asturias.es

Fundación Patrimonio Natural de Castilla y León
C/ Rigoberto Cortejoso, 14. 47014 Valladolid
www.patrimonionatural.org

Consorcio Interautonómico para la gestión coordinada del Parque Nacional de los Picos de Europa
C/ Arquitecto Reguera, 13, 1º. 33004 Oviedo

Sociedad Española de Ornitología (SEO/BirdLife)
C/ Mequiades Biencinto, 34. 28053 Madrid
www.seo.org

COFINANCIADOR

Fundación Iberdrola
C/ Chulapos, s/n. 28005 Madrid
www.fundacioniberdrola.com