Vostede está aquí
Resultados esperados
No marco do proxecto, preténdense conseguir os seguintes resultados:
- Frear o declive continuo da poboación de pita do monte.
- Converter á pita do monte nunha especie crave na xestión das Zonas de Especial Protección para Aves (ZEPA) da cordilleira Cantábrica.
- Mellorar o coñecemento sobre a subespecie e o seu hábitat.
- Mellorar a calidade do hábitat nas ZEPA da cordilleira Cantábrica.
- Definir medidas para reducir a presión dos depredadores sobre a subespecie co fin de mellorar o éxito reprodutor.
- Definir medidas para reducir a presión dos competidores sobre a subespecie.
- Pór en funcionamento o Centro de Cría e Reserva Xenética da Pita do Monte do Principado de Asturias.
- Crear un stock cativo da subespecie para a súa reintrodución ou reforzo de poboacións.
- Liberar exemplares procedentes do Centro de Cría e Reserva Xenética da Pita do Monte para reforzo de poboacións.
- Facilitar o desenvolvemento dun programa de custodia do territorio como ferramenta participativa que concilie a xestión do territorio coa conservación e mellora do hábitat.
- Obter os instrumentos de planificación e os documentos de boas prácticas sectoriais para a xestión do hábitat
- Incrementar a conciencia social e a participación pública sobre a situación da subespecie e a súa problemática.