Vostede está aquí

Obxectivos

O proxecto LIFE+ Urogallo cantábrico ten como obxectivo fundamental frear o declive desta subespecie endémica da Península Ibérica e fomentar a súa recuperación. En concreto, o programa pretende garantir un estado de conservación favorable dos hábitats da pita do monte mediante actuacións de restauración e mellora, favorecer o éxito reprodutor e a supervivencia dos adultos e promover a conciencia social e a participación pública, aumentando o coñecemento sobre a subespecie e o seu hábitat.

No marco do proxecto, pódense concretar os seguintes obxectivos específicos:

  • Promover actuacións de restauración e mellora do hábitat da pita do monte nas 16 Zonas de Especial Protección para Aves (ZEPA) incluídas na súa área de distribución na cordilleira Cantábrica.
  • Reducir o impacto da predación sobre a especie e da competencia con outros herbívoros.
  • Definir e pór en marcha un programa de cría en catividade e crear unha reserva xenética da subespecie.
  • Reforzar as poboacións existentes de pita do monte con exemplares criados en catividade.
  • Compatibilizar os usos tradicionais na cordilleira Cantábrica coa conservación da subespecie.
  • Divulgar os resultados do proxecto e establecer programas de sensibilización e educación ambiental, facilitando o coñecemento sobre a pita do monte e o seu hábitat.